lunes, 23 de marzo de 2009

A TÚA CANDIDATURA





Debes plantexarte a búsqueda de emprego como un traballo en sí mesmo, e adicarlle todo o teu tempo e enerxías.
O primeiro paso é construír a túa tarxeta de presentación perante as empresas: a carta de presentación e o currículo, determinantes na primeira impresión que causes aos empregadores e na túa posible selección.
Debes elaboralos de xeito minucioso, xa que son unha ferramenta chave para todo o proceso de selección. A finalidade destes documentos debe ser: chamar a atención do empregador, interesalo polo teu perfil profesional e abrirte o camiño á seguinte fase do proceso, a entrevista de traballo.
Aquí tés algúns consellos e exemplos para a elaboración do teu currículo e tamén da carta de presentación.

miércoles, 4 de marzo de 2009

BENVID@S!!

Ola a todos e todas! Benvidos ao noso blog. Hoxe comezamos este novo proxecto, que nace có obxectivo de axudarvos a trazar o voso futuro académico e profesional.
Esperamos que vos sexa de utilidade tanto no traballo no aula como fóra dela.
Gustaríanos que este blog fose algo vivo, interactivo, no que poidades atopar asesoramento pero tamén un foro de encontro e debate.